Ir o contido principal
Espere, por favor...

Psicólogos Lugo, Foz ofrecen tratamentos personalizados e avaliacións neuropsicolóxicas en todas as idades

CCN Foz

Psicólogos Especialistas recomendados en Galicia, Lugo, A Mariña, Foz, Burela, Viveiro, Ribadeo

Psicólogo Facultativo Especialista de Área en Galicia, Lugo, A Mariña, Foz, Burela, Viveiro, Ribadeo

Psicólogo infantil en Galicia, Lugo, A Mariña, Foz, Burela, Viveiro, Ribadeo

Profesionais da Psicoloxía en Galicia, Lugo, A Mariña, Foz, Burela, Viveiro, Ribadeo

Centro Norte é unha Clínica de Foz que ofrece axuda psicolóxica en Galicia, Lugo, A Mariña, Foz, Burela, Viveiro, Ribadeo

En Clínica Centro Norte ofrecemos as mellores terapias psicolóxicas en Galicia, Lugo, A Mariña, Foz, Burela, Viveiro, Ribadeo

Enviado por Melva Lage Castro o 28, Apr 2021

Psicólogo clínico para axudarche a superar a tristeza, depresión e ansiedade en Foz, A Mariña, Lugo

Síntome triste, ¿teño depresión?

 

En moitos momentos e situacións diversas, podemos experimentar emocións e ser conscientes deste feito. Habitualmente isto sucede porque ocorre algo significativo ou se produce un cambio no noso entorno, tanto a nivel externo como interno. As emocións cumpren unha importante función de adaptación ao medio, favorecendo a emisión de respostas ou condutas adecuadas a cada situación. Facilitan as relacións interpersoais e as interaccións sociais, mediante a comunicación dos nosos estados afectivos a outros.

 

A tristeza ou tristura é unha das emocións básicas universais ou primarias que xurden durante o desenvolvemento natural das persoas. Para quen a experimenta, a tristeza implica unha experiencia subxectiva desagradable que conleva unha decaemento no estado de ánimo habitual. A tristeza favorece a introspección, a autoprotección e a búsqueda de apoio social e afectivo. Permite aumentar a cohesión, fomentando a empatía e supoñendo un reclamo ao apoio por parte doutras persoas, transmitindo aos demáis que non nos sentimos ben.

 

¿Tristeza ou depresión?

A tristeza é unha emoción relativamente habitual e transitoria que podemos experimentar como unha reacción ante circunstancias difíciles ou situacións que nos poden supoñer perda, dano ou prexuízo. Ante estas situacións difíciles podemos presentar tristura e choros como unha reacción e un estado emocional normal, sin que isto implique ningunha alteración psicopatolóxica nin tampouco ser o indicativo de ningún trastorno mental.

 

A depresión é un trastorno do estado de ánimo que resulta incapacitante para a persoa que o padece. Neste trastorno, non só se encontra alterado o afecto, senón tamén a cognición (o pensamento), a conduta, as función fisiolóxicas e os ritmos biolóxicos. As persoas que sofren un trastorno depresivo presentan un sentimento persistente de tristeza profunda ou melancolía que afecta todos os seus procesos mentais e as súas interaccións co entorno. Presentan tamén unha incapacidade para experimentar pracer (anhedonia), así como unha perda de satisfacción e interese en todas as actividades. Isto conleva unha actitude de desinterese e pesimismo que impregna todos os ámbitos da súa vida (familiar, social, laboral…).

 

Dende o punto de vista da conduta, o rendemento e a actividade da persoa que padece un trastorno depresivo encóntrase moi por debaixo do seu nivel habitual, amosando unha marcada inhibición, apatía (falta de motivación e interese) e abulia (falta de vontade e enerxía). Do mesmo modo, o pensamento tamén se amosa alterado presentando contidos de cariz negativo, con sentimentos de desánimo, pesimismo e incapacidade. Tamén se ve afectada a capacidade de concentración e atención, así como os procesos de pensamento, que se producen dun modo máis lento e dificultoso.

 

Os ritmos biolóxicos tamén se ven afectados nas persoas que padecen un trastorno depresivo. É frecuente a presenza de alteracións do sono, amosando un deterioro tanto na cantidade como na calidade do mesmo. O trastorno do sono que aparece máis frecuentemente asociado ao trastorno depresivo é o insomnio, sendo habituais os problemas para conciliar e manter o sono. Tamén é habitual a presenza de despertar precoz. Pode experimentarse, con menor frecuencia, hipersomnia (presenza de sono excesivo) cun incremento do sono nocturno ou diúrno. Son tamén habituais nos trastornos depresivos a presenza de alteracións do apetito, producíndose un aumento ou diminución no mesmo que cursa con variacións concorrentes significativas no peso.

 

Finalmente, os trastornos depresivos poden tamén ocasionar alteracións nas funcións fisiolóxicas (niveis de neurotransmisores, activación excesiva do eixe hipotálamo-hipofiso-adrenal, diminución na activación de determinadas áreas cerebrais…). Estas persoas poden experimentar, a nivel físico, palpitacións, dores de cabeza, sensación de fatiga crónica (astenia), estrinximento, entre outros.

 

Polo tanto, a tristeza é un estado emocional transitorio que se presenta como resposta ante determinados acontecementos e situacións e que supón unha reacción normal, pasaxeira, adaptada e non patolóxica ante ditas situacións. A depresión, pola contra, supón un trastorno mental que non só conleva unha alteración do afecto, implicando un sentimento de tristura, senón tamén a alteración de outras áreas e funcións que ocasionan un deterioro progresivo e global na calidade de vida da persoa que a padece. Neste senso, os trastornos depresivos deben ser diagnosticados e tratados por profesionais especialistas en saúde mental (psiquiatras e psicológos clínicos). Estes profesionais encargaranse de implementar un diagnóstico e tratamento apropiados, así como de realizar un seguimento adecuado do cadro clínico.

 

Referencias bibliográficas:

  • Fernández-Abascal, E.G., Jiménez Sánchez, M. P. y Martín Díaz, M. D. (2009). Emoción y motivación. La adaptación humana. Volumen I. Madrid: Editorial Centro de Estudios Ramón Areces, S.A.

 

BLOG →

INICIO →

 

INICIO      O NOSO CENTRO      AVALIACIÓNS      TRATAMENTOS      SOBRE MIN      BLOG      CONTACTO