O noso centro
Clínica Centro Norte xorde coa finalidade de proporcionar unha atención psicolóxica especializada e de calidade durante a infancia, a xuventude e a idade adulta. O noso principal obxectivo é axudarche a mellorar a túa calidade de vida, coidando da túa saúde mental e emocional.
O noso centro ofrece as garantías legais, de competencia e de cualificación profesional que aporta a Especialización en Psicoloxía Clínica.
Clínica Centro Norte é un centro de Psicoloxía Clínica e Neuropsicoloxía Clínica recoñecido como centro sanitario pola Xunta de Galicia con número de rexistro C-27-001218.
Acceso para cadeiras de rodas.