Ir o contido principal
Espere, por favor...
Evaluaciones psicológicas y neuropsicológicas en Lugo, A Mariña, Foz, Burela, Viveiro, Ribadeo

Psicólogos Lugo, Foz ofrecen tratamentos personalizados e avaliacións neuropsicolóxicas en todas as idades

CCN Foz

Psicólogos Especialistas recomendados en Galicia, Lugo, A Mariña, Foz, Burela, Viveiro, Ribadeo

Psicólogo Facultativo Especialista de Área en Galicia, Lugo, A Mariña, Foz, Burela, Viveiro, Ribadeo

Psicólogo infantil en Galicia, Lugo, A Mariña, Foz, Burela, Viveiro, Ribadeo

Profesionais da Psicoloxía en Galicia, Lugo, A Mariña, Foz, Burela, Viveiro, Ribadeo

Centro Norte é unha Clínica de Foz que ofrece axuda psicolóxica en Galicia, Lugo, A Mariña, Foz, Burela, Viveiro, Ribadeo

Avaliacións

Avaliacións

En Clínica Centro Norte realizamos avaliacións neuropsicolóxicas e diagnósticas completas do funcionamento cognitivo, afectivo e condutual empregando instrumentos estandarizados e validados. A finalidade destas avaliacións é a valoración das capacidades cognitivas dos pacientes nas distintas etapas da vida.

  • Elaboración de informes neuropsicolóxicos
  • Supervisión e valoración do funcionamento cognitivo
  • Valoración de secuelas cognitivas en pacientes con dano cerebral
  • Determinación do grao de alteración cognitiva e intelectual en pacientes con procesos neurodexenerativos
  • Pautas, asesoramento e orientación a pacientes e familiares

 

Infancia e adolescencia

Avaliación neuropsicolóxica completa para establecer o perfil de rendemento cognitivo do/a neno/a nas distintas etapas do desenvolvemento. Na avaliación neuropsicolóxica infantil valóranse as distintas funcións e procesos cognitivos, entre eles: atención, memoria, linguaxe, funcións executivas, cálculo, habilidades de lecto-escritura, funcións perceptivas e motoras. Ámbitos de aplicación:

 

  • Supervisión do funcionamento cognitivo durante o desenvolvemento
  • Avaliación da capacidade intelectual (valoración de altas capacidades, valoración de déficits no funcionamento intelectual)
  • Dificultades de aprendizaxe e baixo rendemento escolar
  • Retrasos madurativos
  • Trastornos do neurodesenvolvemento (TDAH, trastorno específico da aprendizaxe, trastornos da comunicación, trastornos do espectro autista...)
  • Dano cerebral adquirido (traumatismo craneoencefálico, accidentes cerebrovasculares, tumores cerebrais, epilepsia...)

 

Adultos

Avaliación neuropsicolóxica e diagnóstica completa do funcionamento cognitivo en adultos. Diagnóstico e detección de déficits ou debilidades cognitivas en áreas concretas. Axuda na detección precoz de trastornos cognitivos e problemas de memoria que non se deben a un proceso de envellecemento normal. Valoración da orientación, atención, velocidade de procesamento, funcións executivas, memoria, razonamento, linguaxe, praxias, gnosias, habilidades visoespaciais e visoperceptivas. Ámbitos de aplicación:

 

  • Accidentes cerebro-vasculares (ACV) ou ictus
  • Traumatismos cráneo-encefálicos (TCE)
  • Tumores cerebrais
  • Encefalite
  • Anoxia
  • Epilepsia
  • Deterioro cognitivo
  • Trastornos neurodexenerativos (enfermidade de Alzheimer, demencia con corpos de Lewy, demencia vascular, enfermidade de Parkinson, enfermidade de Huntington, demencia fronto-temporal, esclerose múltiple…)
  • Valoración do funcionamento cognitivo na terceira idade

 

INICIO      O NOSO CENTRO      AVALIACIÓNS      TRATAMENTOS      SOBRE MIN      BLOG      CONTACTO