Psicólogo especialista en diagnóstico e avaliación infantil, adolescentes, adultos e terceira idade en Galicia, Lugo, A Mariña, Foz, Burela, Viveiro, Ribadeo
Avaliación neuropsicolóxica infantil: 10 claves
A avaliación neuropsicolóxica infantil pretende analizar en profundidade o perfil de funcionamento cognitivo e a actividade intelectual dos nenos e nenas. Para isto, deberanse identificar aquelas áreas cognitivas que se atopan preservadas fronte ás que están alteradas ou nas que o neno ou nena obtén un peor rendemento. Isto lévase a cabo mediante a administración de baterías de probas neuropsicolóxicas e psicométricas estandarizadas e validadas. Estas probas permítennos identificar cales son os puntos fortes e débiles no perfil de funcionamento cognitivo e obter un diagnóstico neuropsicolóxico.
A continuación, enuméranse 10 claves da avaliación neuropsicolóxica infantil:
1. A avaliación neuropsicolóxica infantil pode resultar de utilidade para todos os nenos e nenas e non exclusivamente para aqueles que presenten algún déficit neurolóxico.
2. Permite elaborar programas e intervencións dirixidos tanto a mellorar as dificultades detectadas, como a potenciar as habilidades e puntos fortes identificados.
3. Consta das seguintes 4 fases: entrevista clínica, valoración neuropsicolóxica, comunicación de resultados e informe.
4. Axuda a orientar o diagnóstico nos trastornos do neurodesenvolvemento (discapacidade intelectual, TDAH, trastornos específicos da aprendizaxe, trastornos do espectro autista…), no dano cerebral adquirido, retrasos madurativos, así como problemas de rendemento escolar.
5. A avaliación neuropsicolóxica infantil permite valorar a necesidade de implementar intervencións especializadas en áreas concretas.
6. Facilita a planificación e realización dunha intervención precoz nas áreas deficitarias detectadas.
7. A avaliación neuropsicolóxica infantil permite valorar a necesidade de levar a cabo supervisións ou controis periódicos durante o desenvolvemento.
8. Permite supervisar a eficacia de determinados tratamentos (farmacolóxicos, psicoterapéuticos, de intervencións educativas…) atendiendo á evolución e en base á obtención de progresos, regresións ou estancamentos.
9. Aporta información que axuda a mellorar a orientación e intervención educativa.
10. A avaliación neuropsicolóxica infantil permite valorar se é necesaria a derivación a algún outro especialista, en función das necesidades en cada momento evolutivo.
Referencias bibliográficas:
- Enseñat, A., Roig, T. y García, A. (2015). Neuropsicología Pediátrica. Madrid: Editorial Síntesis