Psicólogos especializados en ataques de ansiedade en Lugo, A Mariña, Foz, Burela, Viveiro, Ribadeo
Ataques de pánico: síntomas e como actuar
O ataque de pánico, tamén denominado ataque de ansiedade ou crise de angustia, consiste nunha presentación repentina de medo extremo, cunha duración de varios minutos, que se acompaña de síntomas principalmente físicos e, en menor medida, emocionais. Adoita presentarse como un episodio súbito de intensa angustia, en ocasións sen causa aparente, que pode xerar una sensación de profunda aprensión e malestar na persoa que o sofre, podendo esta incluso chegar a temer pola súa vida. Os ataques de pánico poden producirse ao longo do día e tamén durante o sono - ataques de pánico nocturnos - ocasionando que a persoa esperte bruscamente e de xeito inesperado, provocando unha interrupción no sono.
Síntomas máis comúns nos ataques de pánico
Os síntomas que adoitan presentarse con maior frecuencia nos ataques de pánico son os seguintes (APA, 2014):
- Palpitacións ou ritmo cardíaco acelerado
- Sudoración
- Tremores ou sacudidas
- Sensación de falta de alento, respiración dificultosa ou asfixia
- Dor torácica
- Náuseas ou malestar abdominal
- Sensación de inestabilidade, mareo, vértigo, desmaio ou aturdimento
- Calafríos ou acaloramento
- Sensación de entumecimento ou de formigueo (parestesias)
- Sensación de irrealidade (desrealización ou despersonalización)
- Medo a perder o control
- Medo a morrer
Que facer durante un ataque de pánico
- Controlar a respiración
Mediante a respiración captamos osíxeno e expulsamos dióxido de carbono. Cando se presenta un ataque de pánico adoita producirse un incremento na cadencia do ritmo respiratorio, xerándose unha respiración máis rápida e profunda do habitual que denominamos hiperventilación. Neste contexto, prodúcese un desequilibrio nos niveis de osíxeno e dióxido de carbono no sangue, é dicir, increméntanse os niveis de osíxeno e disminúen sustancialmente os niveis de dióxido de carbono. Ante esta situación, o organismo reacciona intentando recuperar o equilibrio perdido forzándonos a reducir o aporte de osíxeno. Isto é experimentado pola persoa como unha sensación de afogo e falta de alento que, á súa vez, ocasiona que trate de respirar dun xeito más intenso, o que habitualmente conleva que este estado de desequilibrio se manteña ou empeore.
Para intentar cambiar esta situación, convén que respiremos dun xeito regular, máis pausado e menos profundo, inspirando o aire polo nariz e expulsándoo pola boca. Tamén podemos empregar unha bolsa de papel colocada ao redor do nariz e da boca durante uns poucos minutos, o que fará que respiremos o aire que acabamos de expulsar, axudando deste xeito a restablecer o equilibrio perdido entre os niveis de osíxeno e dióxido de carbono.
- Contextualizar os síntomas
É conveniente que sexamos conscientes de que os síntomas que estamos experimentando se están producindo no contexto dun ataque de pánico; isto pode axudarnos a non magnificalos. Se ben estes síntomas ocasionan malestar cando ocorren, normalmente durarán uns minutos e despois resolveránse sen consecuencias importantes.
- Cambiar o foco atencional
Cuando ocorre un ataque de pánico a atención adoita centrarse de xeito exclusivo nos síntomas que experimentamos (sensación de afogo, dor torácica, medo a morrer…), o que pode conlevar unha serie de pensamentos catastrofistas e o convencemento de que vai acontecer algo malo de xeito inminente. Estes pensamentos poden ocasionar que a situación de pánico se manteña ou incluso que empeore. Neste contexto, convén que tratemos de cambiar o noso foco atencional cara outros pensamentos de carácter máis neutro ou positivo, para o que podemos empregar distintos recursos (recitar algo que saibamos de memoria, deletrear palabras en orde inversa, lembrar algún acontecemento que nos resulte agradable, etc.).
Se os ataques de pánico se producen de xeito reiterado convén consultar cun especialista en saúde mental para poder realizar unha valoración da orixe da ansiedade, levar a cabo a planificación dun tratamento, así como efectuar un axeitado seguemento da evolución.
Nota. Os ataques de pánico adoitan ter unha duración de varios minutos, cun pico de malestar aos 10 minutos aproximadamente, tralos que os síntomas tenden a ir remitindo. Se estes se mantiveran durante máis de 30 minutos sen experimentar mellora, aparecesen outros síntomas novos ou se producira un incremento no nivel de malestar, deberáse acudir a urxencias para unha valoración dos mesmos.